InicioTerra CháCospeitoA nai da nena falecida en Cospeito estivo buscando veleno por Internet...

A nai da nena falecida en Cospeito estivo buscando veleno por Internet unha semana antes da súa morte

O xuízo polo crime apunta a principios do próximo ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xuízo polo crime da nena Desirée, achada falecida en Cospeito en maio de 2019, apunta a xaneiro ou febreiro do próximo ano, segundo confirma o pai, José Manuel Leal, que tamén destaca que no último envorcado de datos feito pola Garda Civil comprobouse que a súa ex muller, a suposta autora do crime, durante a semana anterior ao suceso “estivera buscando veleno por Internet”.

O xuízo, que será con xurado, estará próximo ao tres anos deste crime, cando Desirée apareceu morta o 3 de maio de 2019 na casa da súa nai en Muimenta, no municipio de Cospeito.

O pai, que en principio cría que a vista oral, na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, poderíase celebrar en novembro, xa avanzou que o seu avogado lle di que “a data de hoxe” non recibiron “ningunha comunicación” e “que entende que se vai a pospor para o ano que vén, para xaneiro ou febreiro“.

José Manuel Leal confesou que a “espera” se lle está facendo “moi dura” e aventurou, seguidamente, que o “grolo vai ser durísimo”. “É un grolo que teño que pasar canto antes para pasar páxina“, expresou.

Ademais, non esconde que quere que a súa ex muller, presunta autora do crime e á que describe como un “monstro”, sexa condenada “a prisión permanente revisable”. “Creo que quen lle arrebata a vida a alguén, ou viola, para min esas persoas non son reinsertables. En realidade xa tería que existir a prisión permanente para este tipo de monstros”, resumiu.

As acusacións, tanto a que lle representa, como a pública e a popular, pedirán a prisión permanente revisable. En canto á defensa, Leal intúe que “vai optar pola libre absolución ao estar ela mal mentalmente”.

No entanto, argumenta que a súa ex muller “deulle catro versións diferentes á Garda Civil”. “Unha persoa que esta tola diría que non sabía o que fixo nese momento, pero non é o caso porque deu versións contraditorias”, asegura.

A isto suma que “logo” o Instituto Armado “descubriu, polo envorcado dos datos dos teléfonos e dun que tiña recentemente, que levaba unha semana buscando veleno por Internet e aí vese que non é un brote psicótico, como dicía, senón que estaba planeado”, sostén finalmente.

O día do crime, que foi un venres, o pai ía pasar o fin de semana con Desirée conforme ao réxime de visitas que se estableceu tras a separación da presunta asasina.

ÚLTIMAS

Morre un home tras ser rescatado inconsciente dun río en Chantada

Un home faleceu na tarde deste martes tras ser rescatado inconsciente no embarcadoiro de...

Así quedou restaurado o mural de Lugo por Palestina tras ser atacado

"O pasado domingo 14 rematouse de pintar un mural en apoio a Palestina e...

Dous homes investigados por pescar troitas con electricidade no río Rodil

A Garda Civil investiga a un veciño da Fonsagrada, de 72 anos, e a...

Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa

A Garda Civil detivo en Vilalba a dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos...