Os atracadores da sucursal de Castro de Rei non conseguiron subtraer diñeiro do caixeiro

En maio xa roubaran do mesmo xeito na Pastoriza.

Sucursal bancaria atacada con explosivos na Pastoriza (Lugo)

Un caixeiro dentro da sucursal de Caixa Rural na localidade lucense de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei, rexistrou unha exploxión na madrugada deste xoves. A sucursal foi asaltada por un grupo de ladróns que trataron de rebentar con explosivos a caixa forte, aínda que os seus plans frustráronse e fóronse do lugar sen botín.

Así o indicaron fontes da compañía titular da sucursal consultadas por Europa Press, que limitan as perdas ás desfeitas causadas pola explosión, posto que a deflagración non abriu a caixa forte do caixeiro, o que impediu que os ladróns levasen diñeiro.

O suceso tivo lugar ao redor das 4,00 horas da madrugada na oficina situada no centro da localidade. As primeiras hipóteses apuntan a que “o caixeiro era o principal obxectivo dos atracadores“, apuntaron fontes da empresa a Europa Pres. Os investigadores das forzas da orde traballan para esclarecer cal foi o material usado na explosión.

A entidade bancaria informou que a oficina está pechada para proceder á súa reparación e poder reabrila “no menor prazo posible”.

Este suceso prodúcese un día despois de que rebentasen un caixeiro no municipio coruñés de Oza-Cesures. Ademais, na propia comarca da Terra Chá, ocorreron feitos similares como no veciño concello da Pastoriza, onde tamén fixeron explotar un caixeiro a principios de maio.