InicioTerra CháAbadínO PSdeG de Abadín denuncia represalias do Goberno local contra negocios con...

O PSdeG de Abadín denuncia represalias do Goberno local contra negocios con pancartas de ‘Biometano Non’

"Temos constancia de que se trasladaron indicacións aos traballadores para non acudir a determinados establecementos polo simple feito de teren exposta unha pancarta contra o biometano. Se isto é así, o que está a acontecer en Abadín é dunha gravidade enorme e que require explicacións inmediatas", afirmou o voceiro socialista, Pablo Díaz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal Socialista de Abadín denunciou este luns que dende o Goberno local do PP se terían dado instrucións verbais aos traballadores municipais para evitar realizar compras con cargo ao Concello en establecementos e negocios que teñan colocadas pancartas de ‘Biometano Non’.

“Temos constancia de que se trasladaron indicacións aos traballadores para non acudir a determinados establecementos polo simple feito de teren exposta unha pancarta contra o biometano. Se isto é así, o que está a acontecer en Abadín é dunha gravidade enorme e que require explicacións inmediatas”, afirmou o voceiro socialista, Pablo Díaz.

O portavoz do PSdeG cualificou esta situación de “absolutamente inadmisible” e advertiu de que os recursos públicos “non son propiedade do alcalde nin poden utilizarse para premiar a quen cala ou castigar a quen manifesta unha opinión diferente á do Goberno municipal”.

Díaz subliñou que calquera comerciante, empresario ou veciño de Abadín “ten todo o dereito a expresar publicamente a súa posición sobre un proxecto que afecta ao municipio sen temor a sufrir ningún tipo de represalia por parte da administración”.

“Unha pancarta de ‘Biometano Non’ non pode converter un negocio nun obxectivo do Concello. Unha administración pública ten que actuar con imparcialidade e tratar a todos por igual, independentemente das opinións que expresen os seus responsables”, engadiu.

O Grupo Socialista avanzou que levará este asunto ao vindeiro Pleno municipal para que o PP explique se existiron estas instrucións, quen as deu, a que traballadores se lles trasladaron e dende cando se estarían aplicando. “Queremos saber como pretende xustificar o alcalde que determinados establecementos poidan recibir un trato diferente simplemente por expresar libremente unha opinión que non coincide coa súa”, afirmou Díaz.

As e os socialistas consideran que utilizar os recursos municipais para discriminar establecementos pola súa posición sobre o proxecto sería unha actuación especialmente grave. “Non se pode ser tan ruín. Utilizar os recursos de todos para intentar castigar a quen pensa diferente é unha forma de actuar que non debería ter cabida nunha administración pública”, denunciou.

Díaz relacionou estes feitos co acontecido no último Pleno municipal, no que o rexedor ordenou a súa expulsión da sesión mentres exercía a función de control da oposición. “Primeiro chama á Garda Civil e expulsa do Pleno a un concelleiro por formular preguntas. Agora coñecemos posibles represalias contra negocios que colocan unha pancarta de ‘Biometano Non’. Pensar diferente, preguntar ou expresar publicamente unha opinión non pode converter a ninguén nun obxectivo”, criticou.

O voceiro socialista insistiu en que “Abadín non pode funcionar con represalias”. “A liberdade de expresión non se castiga, o comercio local non pode utilizarse como arma política e a oposición non se silencia por facer preguntas. O Concello ten a obriga de respectar e tratar por igual a toda a veciñanza”, concluíu.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...