InicioLugo e contornaLugoIntervención artística na torre dos Bombeiros de Lugo impulsada polo Concello

Intervención artística na torre dos Bombeiros de Lugo impulsada polo Concello

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, explicou que "o proxecto, realizado por Diego AS, forma parte dun obxectivo máis amplo: reforzar o Servizo, achegalo á cidadanía (prevención e divulgación), e recoñecer o traballo destes profesionais "

PUBLICADA O

O Concello de Lugo impulsa unha intervención artística na torre de prácticas do Parque de Bombeiros a proposta do propio Servizo, como parte da aposta do Goberno municipal por reforzar, visibilizar e achegar á cidadanía o traballo dos profesionais e a importancia da prevención.

Desde a chegada do novo goberno municipal, reforzar o Servizo de Bombeiros foi unha prioridade. Neste tempo, impulsouse a Oferta Pública de Emprego, coa convocatoria de 17 prazas para o servizo de bombeiros, que recibiu 196 solicitudes;  tamén se aprobou a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) para establecer o  cadro de mandos, acordada na Mesa Xeral de Negociación do pasado 29 de maio.

Agora, o Concello quere continuar avanzando no ámbito da PREVENCIÓN E DIVULGACIÓN, para poñer en valor unha profesión da que a cidadanía non debe acordarse unicamente cando se produce unha emerxencia. Neste marco, tamén se programarán visitas de centros educativos ao Parque de Bombeiros e se porá en valor o ciclo medio de Emerxencias e Protección Civil do CIFP As Mercedes que se imparte nas instalacións do CEI Nodus, que dependen do Concello.

É neste contexto no que se formula a intervención artística da torre de prácticas, que permitirá mellorar a súa estética e convertela nun elemento máis visible e identificativo do propio Servizo.

O proxecto será realizado polo artista lucense Diego AS e abranguerá as catro caras da torre, de 32 metros de altura por cinco metros de ancho cada unha. Dúas serán pintadas na súa totalidade e as outras dúas contarán cunha intervención parcial.

A proposta parte de dous elementos directamente relacionados co traballo dos Bombeiros: o lume e a auga. Diego AS xogará cos vermellos, laranxas e amarelos para representar o lume e cos azuis e tons aguamarina para a auga. A composición contará ademais coa figura dun bombeiro ou dunha bombeira, como homenaxe aos profesionais que están detrás de cada intervención.

Para Diego AS, o proxecto supón tamén un reto persoal, xa que é a primeira vez que realiza unha intervención artística a esta altura.
No acto ademais da alcaldesa e do autor do proxecto estiveron a concelleira de Dinamización, Cristina Sanz, e o xefe de bombeiros, Juan Coto.
+ posts

ÚLTIMAS

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...

A ‘XLVIII Semana de Cinema de Lugo’ traerá 130 películas e unha programación paralela do 21 ao 26 de setembro

A 'XLVIII Semana de Cinema de Lugo' celebrarase do 21 ao 26 de setembro...