InicioEconomíaA piscina municipal da Pastoriza abrirá "o vindeiro curso"

A piscina municipal da Pastoriza abrirá “o vindeiro curso”

Concello e Deputación fan realidade o convenio económico para a apertura definitiva das instalacións, unha década despois de adxudicar as obras

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai unha década que a obra da piscina municipal da Pastoriza foi adxudicada. Malia que estaba previsto que as instalacións comezaran a funcionar en 2013, unha serie de deficiencias retrasaron a apertura. A dotación económica para o convenio asinado entre o Concello e a Deputación de Lugo posibilitará que os veciños do municipio chairego poidan acceder “o vindeiro curso” a un servizo co que xa conta a cabeceira da comarca.

Tal e coma avanzou o presidente da institución provincial, Darío Campos, o acordo contempla unha achega da Deputación de 130.000 euros entre este ano e o que vén. Pola súa banda, a corporación da Pastoriza aportará outros 207.000 euros, tamén en dúas anualidades. Combinada, esta partida garantirá o funcionamento do centro deportivo e a piscina climatizada.

Campos explicou que “levamos tempo traballando da man do Concello para poder abrir estas instalacións e asegurar que os veciños da Pastoriza teñen a posibilidade de contar co servizo da piscina climatizada”. O presidente provincial asegurou que defenden “a igualdade de oportunidades de todos os veciños, sexa cal sexa o lugar onde viven, por iso somos unha Deputación social, rural e coas persoas”.

Froito dese traballo conxunto, Darío Campos e o rexedor Primitivo Iglesias asinaron un convenio de colaboración que permitirá a apertura do complexo deportivo a partir do próximo curso. A Pastoriza recibirá a obra e asumirá a titularidade da piscina. 

Con este acordo, a Deputación e o Concello logran poñer en servizo unha infraestrutura moi agardada polos veciños da Pastoriza, e que xa supuxo un investimento de 1,6 millóns de euros. O complexo dispón de piscina climatizada, zona de spa, de ximnasio e vestiarios, amais dun espazo con acceso exterior que poderá ser acondicionado como cafetería.

A zona de baño conta cun vaso de natación dividido en dúas áreas, unha delas de maior profundidade ten 3 calles de 25 metros; e a outra, de menor profundidade, acondicionada a modo de spa, na que se instalaron chorros lumbares e que está rodeada por un banco perimetral.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...