InicioSociedadePresentan recurso de reposición contra a autorización para a mina de feldespato...

Presentan recurso de reposición contra a autorización para a mina de feldespato en Muras

Fano por infracción normativa e o que consideran "nulidade de pleno dereito"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sindicato Labrego Galego e outras organizacións sociais presentaron un recurso potestativo de reposición contra a resolución que dá autorización á mina de feldespato en Muras (Lugo).

En concreto, segundo informa este sindicato a través dun comunicado de prensa, recorren a autorización da actualización do proxecto de explotación e plan de restauración da concesión de explotación de recursos.

Fano por infracción normativa e o que consideran “nulidade de pleno dereito” como pola consideración que xa trasladaron no seu momento a través das alegacións ao proxecto, referidas a a “afección directa á poboación e ecosistemas”.

Esta explotación mineira ao descuberto prevé a súa localización, segundo lembra, “a escasos metros da Rede Natura 2000 ZEC e ZEPVN ‘Serra do Xistral’, sobre zonas protexidas de augas potables que se solapan coa Rede Natura 2000 e sobre masas soterradas de auga tamén solapadas coa Rede Natura 2000”.

Advirte tamén da “severa afección aos recursos hídricos e ao val fluvial do río Landro”, con afección “crítica” á “conectividade ecolóxica”, así como a afección “severa” a especies de fauna e flora catolagadas como vulnerables e en perigo de extinción e a afección grave á Reserva da Biosfera ‘Terras do Miño’.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...