InicioTerra CháGuitirizO Festival de Pardiñas acolle unha mostra de instrumentos tradicionais galegos

O Festival de Pardiñas acolle unha mostra de instrumentos tradicionais galegos

Trátase do encontro "máis antigo e importante" desta clase de bens en toda a península.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O festival de Pardiñas, na localidade de Guitiriz, segue sumando atractivos para visitalo e coñecer algo máis das moitas vertentes da cultura galega. A Asociación de Gaiteiros Galegos vén de anunciar que, un ano máis celebrará a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, e que terá lugar os días 6 e 7 de agosto no amentado lugar.

A cita congregará preto de 30 artesáns que amosarán ao público a riqueza da produción artesanal dos instrumentos que saen dos seus talleres. Consagrada como “a máis antiga e importante da Península Ibérica”, a mostra de Instrumentos de Música Tradicional contará cunha ampla variedade de bens; como gaitas, requintas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiretas, pandeiros e demais.

Dende a AGG celebran o regreso á normalidade deste 2022. “Os dous derradeiros anos foron complexos por mor da Covid 19, pero conseguimos manter a celebración da mostra nos casetos da feira de Parga aínda que reducindo a un día a súa celebración. Nesta edición, despedímonos con agarimo de Parga, e volvemos a Pardiñas, para amosar o traballo dos magníficos artesáns e artesás participantes”, inciden.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...