InicioLugo e contornaLugoSorpresa en Outeiro de Rei; un veciño criaba 23 serpes pitón

Sorpresa en Outeiro de Rei; un veciño criaba 23 serpes pitón

A Guadia Civil investiga un suposto criadeiro clandestino de réptiles que tiña un veciño de Lugo con 23 serpes pitón nunha vivenda en Outeiro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Guadia Civil investiga un suposto criadeiro clandestino de réptiles que tiña un veciño de Lugo con 23 serpes pitón nunha vivenda en Outeiro de Rei. Segundo informou o Instituto Armado, na tarde do mércores foron localizadas nunha vivenda unifamiliar no termo municipal de Outeiro de Rei 23 serpes da especie pitón real.

As serpes estaban situadas en varios terrarios acondicionados para albergalas no interior dun alpendre anexo á vivenda principal, concretou a Guardia Civil. As mesmas fontes indicaron que o propietario das serpes, de 38 anos e veciño de Lugo, non puido justificar a súa legal tenencia nin procedencia das serpes.

Destes feitos informouse á xefatura territorial de Medio Ambiente por supostas infraccións á lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia. Os animais foron aprehendidos e quedaron a disposición de aduanas da Axencia Tributaria.

ROUBO CON FORZA

Por outra banda, a Guardia Civil detivo ás 23,15 horas do mércores no termo municipal de Sarria (Lugo) a tres veciños de Ourense, identificados como I.B.R., de 32 anos; A.S.B., de 32 anos e N.S.B., de 25 anos, como presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas.

Os presuntos autores atopábanse supostamente no interior dun establecemento hostaleiro sen autorización do seu propietario e foron detidos cando abandonaban o edifico. Os arrestados foron postos a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...