InicioSucesosO mozo ferido durante o Rally de San Froilán segue na UCI...

O mozo ferido durante o Rally de San Froilán segue na UCI do HULA

Segundo fontes hospitalarias, o seu estado mantense estable dentro da gravidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O mozo de Castro de Rei que resultou ferido o pasado venres durante o Rally San Froilán permanece ingresado en estado grave na unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), en Lugo. Segundo fontes hospitalarias, o seu estado mantense estable dentro da gravidade.

O accidente tivo lugar ao redor das 19,30 horas do venres 16 de outubro no municipio lucense de Outeiro de Rei, por onde transcorría un dos tramos da proba automobilística. Un dos vehículos participantes perdeu unha roda, que saíu despedida e impactou contra varios espectadores.

Como consecuencia do suceso, tres persoas resultaron feridas. O mozo de Castro de Rei foi o único que necesitou traslado hospitalario, do que se encargou a organización do evento. Tamén foron avisados a Garda Civil e os servizos sanitarios do 061.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...