Un home perdeu a vida tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo e chocar contra unha árbore na N-640, en Ludrio, ao seu paso por Castro de Rei.
Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 13.30 horas deste sábado, no quilómetro 75 da devandita vía e o home era o único ocupante do vehículo.
Os efectivos de emerxencias que se desprazaron ao momento confirmaron que só había unha persoa implicada, un home que perdeu a vida e tivo que ser excarcerado polos bombeiros.
No operativo participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
