InicioSucesosRatifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

O investigado e o denunciante mantiveron varios encontros de carácter sexual en Lugo tras ter conversacións a través do móbil, despois de coñecerse nunha aplicación de citas na que o menor facía constar no seu perfil que tiña 18 anos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratifica a sentenza de absolución da sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo a un home acusado de agredir sexualmente a un menor, que tiña 15 anos durante os feitos, ao que coñeceu nunha aplicación de citas.

O investigado e o denunciante mantiveron varios encontros de carácter sexual en Lugo tras ter conversacións a través do móbil, despois de coñecerse nunha aplicación de citas na que o menor facía constar no seu perfil que tiña 18 anos. Así, descarta o recurso e avala o fallo que fixaba que “non pode concluírse que o acusado coñecese a idade exacta do menor nin que puidese albergar dúbidas sobre a mesma”.

“Non hai dúbida algunha na Sala senón o convencemento que nin coñecía, nin tiña motivos para dubidar de que así fóra, de que a persoa coa que mantivo os contactos sexuais tiña menos de 16 anos no momento en que estes tiveron lugar”, sostén o TSXG neste novo fallo que avala o previo da Audiencia de Lugo. Contra esta sentenza cabe presentar recurso de apelación ante o Tribunal Supremo.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...