InicioSucesosUnha ex-axente de banca en Monterroso acepta cinco anos de prisión por...

Unha ex-axente de banca en Monterroso acepta cinco anos de prisión por estafar 250.000 euros a catro familiares

Impútaselle o cobro de cheques e a solicitude de varios préstamos, entre outras accións, polas que o catro familiares que se querellaron reclamaban un total de 250.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha exagente bancaria de Monterroso aceptou este martes cinco anos de prisión e varias multas tras declararse culpable de estafar 250.000 euros a catro familiares. A vista, fixada na Audiencia Provincial de Lugo, non chegará a celebrarse tras o acordo alcanzado polas partes.

En concreto, o acordo tivo en conta a concorrencia dunha circunstancia atenuante relacionada co consumo de sustancias estupefacientes, concretamente cannabis, e as patoloxías psiquiátricas derivadas desa adicción. Segundo se expuxo durante a vista, a muller padecía trastorno bipolar e depresión, unha situación que lle provocaba condutas compulsivas, entre elas compras reiteradas e incontroladas.

Actualmente, atópase en tratamento de deshabituación, permanece en abstinencia e continúa baixo seguimento psiquiátrico especializado.

Segundo a acusación, a muller, que era axente dun banco na súa localidade, xestionou o diñeiro dos seus tíos e curmáns entre os anos 2012 e 2019. Nese tempo, como describe a Fiscalía, “finxindo realizar as súas funcións como axente”, realizou presuntamente actuacións con activos e depósitos, manipulando contratos e documentos bancarios co obxectivo de lucrarse persoalmente.

Impútaselle o cobro de cheques e a solicitude de varios préstamos, entre outras accións, polas que o catro familiares que se querellaron reclamaban un total de 250.000 euros.

Como resultado da conformidade alcanzada, a acusada foi condenada a dous anos e seis meses de prisión por cada un dos delitos cometidos, ademais de dúas multas de 1.600 euros. Así mesmo, deberá indemnizar ás vítimas con cantidades de 78.400, 65.920, 3.300 e 3.300 euros, respectivamente, que serán abonadas polo banco como responsable subsidiaria.

A sentenza acordada contempla tamén a suspensión da execución da pena de prisión, unha medida adoptada ao carecer a condenada de antecedentes penais e debido á necesidade de que continúe co seu proceso terapéutico. Durante un período de cinco anos non poderá cometer ningún novo delito e estará obrigada a manter o tratamento médico e psiquiátrico prescrito, sen posibilidade de abandonalo. En caso de incumprir estas condicións, podería perder o beneficio da suspensión e verse obrigada a ingresar en prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...