Home Comarca de Meira Meira Meira acolle un Escape Room ao aire libre arredor do antigo mosteiro cisterciense

Meira acolle un Escape Room ao aire libre arredor do antigo mosteiro cisterciense

0
Meira acolle un Escape Room ao aire libre arredor do antigo mosteiro cisterciense

 

O sábado 4 de xullo, ás 11:00 horas, a vila de Meira convértese nun gran taboleiro de xogo ao aire libre coa chegada de XOGAL 2026. Baixo o título “A Procura das Reliquias do Císter”, o percorrido arranca na Praza do Concello e desprega un escape room gratuíto que combina patrimonio, lendas e enigmas no entorno do histórico mosteiro cisterciense.

Premios, sorteos e aperitivo de peche

A xornada inclúe premios para os equipos máis rápidos, sorteos de dúas cestas de produtos típicos da comarca entre todas as persoas participantes e un aperitivo de peche para celebrar a experiencia. A actividade está aberta a público de todas as idades e está pensada para gozala en familia, en parella ou con amizades.

Sen descargas, sen aplicacións: só un móbil

A experiencia desenvólvese a través do navegador do móbil, sen necesidade de descargar ningunha aplicación. Cada equipo só precisa un teléfono con batería, conexión a internet e calzado cómodo para percorrer a vila. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse en escapeo.com/xogal.

Dez concellos galegos, un verán de xogo

Meira é a sexta cita dun percorrido que entre xuño e setembro pasa por dez concellos galegos: Cervo, Lourenzá, Guitiriz, Negueira de Muñiz, Monterroso, Meira, A Fonsagrada, Castro de Rei, Taboada e Foz. Cada cita conta cunha aventura propia, deseñada a partir da historia, o patrimonio e as lendas de cada vila. O proxecto está impulsado polos GDR Terra Chá, Terras de Miranda, Montes e Vales Orientais e Miño Ulla en colaboración coa empresa galega Escapeo.

Sobre Escapeo

Escapeo é unha empresa galega especializada en experiencias de escape room ao aire libre e turismo gamificado. A través dunha plataforma propia accesible desde o móbil, converte vilas, barrios e contornos naturais en taboleiros de xogo nos que descubrir patrimonio, lendas e historia mentres se resolven enigmas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here