InicioSucesosAgreden ao propietario dunha vivenda cando tentaban ocupala ilegalmente en Lugo

Agreden ao propietario dunha vivenda cando tentaban ocupala ilegalmente en Lugo

Detido un mozo polo roubo dun móbil á súa nai con intervención tamén por pelexa entre compañeiros de piso

PUBLICADA O

- Advertisement -

O propietario dunha vivenda deshabitada en Lugo foi agredido ao sorprender a tres persoas tentando ocupala, segundo informa a Policía Local.

En concreto, explica, unha veciña alertou ao dono dunha vivenda actualmente desocupada de que tres persoas forzaran a entrada rompendo o cristal da porta. “O propietario acudiu de inmediato e tentou bloquear a saída dos ocupantes ilegais ata a chegada da Policía, momento en que un deles propinoulle unha puñada no nariz e varios golpes no costado cando caeu ao chan”, especifica.

O tres individuos — dous homes e unha muller nova — lograron fuxir antes de que chegase a patrulla e “non foi posible localizalos”. O dono foi informado de que debía presentar denuncia en dependencias policiais e achegar o parte médico correspondente.

Doutra banda, a Policía Local denunciou a varios vehículos por montar un “espectáculo musical sen autorización” no polígono Industrial do Ceao. Estendéronse catro denuncias de tráfico: unha por condución temeraria, dúas por estacionamento sobre a beirarrúa e unha por itv caducada.

Tamén, unha muller denunciou ameazas da súa veciña tras un incidente polo estacionamento na rúa Vilaverde. En concreto, indicou que, ao tentar apacar o seu coche, outra persoa increpáraa de forma agresiva e ameazouna con raiarlle o vehículo.

PELEXA

Ademais, axentes acudiron ao requirimento por unha pelexa en vía pública, entre tres persoas. Ao chegar ao lugar, o denunciante sinala a un mozo que comeza a correr. Ao recibir a versión de testemuñas e implicados, os efectivos conclúen que o mozo, tras empuxar á súa nai, rompeulle o bolso e subtraeulle o móbil, as chaves de casa e 100 euros. Finalmente, foi detido.

Noutra orde de cousas, os axentes atenderon sete requirimentos de asistencia a persoas en situación de vulnerabilidade ou emerxencia, así como unha pelexa entre dous compañeiros de piso.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...