InicioSucesosO acusado polo atropelo do ancián de Abadín declarará o luns, mentres...

O acusado polo atropelo do ancián de Abadín declarará o luns, mentres continúa a procura do corpo

"É probable que ata a semana que vén non teñamos confirmación sobre se estes restos son humanos, porque as análises levan un tempo", adiantou a avogada da familia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil e especialistas de distintas materias continúan buscando restos do cadáver de Enrique Bolívar, o ancián de Abadín que desapareceu da súa casa hai dous anos e cuxo atropelo mortal confesou este mércores un veciño da localidade que actualmente está en prisión por outros delitos.

Os axentes continúan buscando na zona, na que apareceron numerosos restos óseos, algúns identificados como de animais e refugados, pero tamén outros de procedencia indeterminada que están a ser analizados para determinar a súa procedencia.

“É probable que ata a semana que vén non teñamos confirmación sobre se estes restos son humanos, porque as análises levan un tempo”, adiantou a avogada da familia, Paula Salvador, quen tamén encomiou o labor que están a realizar os investigadores.

“A investigación é moi exhaustiva, pero a primeira ollada é imposible determinar a procedencia de moitos dos achados, ao que se suma a cantidade de maleza que hai no lugar”, explicou.

Tras a reconstrución dos feitos que tivo lugar este mércores, un veciño confesou atropelar de forma accidental a Enrique Bolívar cando este volvía á súa casa.

O home, que era veciño da vítima, coa que mantiña boa relación, recoñeceu que se asustou e subiu o cadáver do home ao seu coche para abandonalo nun piñeiral próximo, lugar ao que conduciu aos axentes, pero onde non se atopou ningún rastro humano aínda. Tempo despois apareceu queimado o seu coche en Ribadeo.

Foi durante a tarde cando, tras un cambio de actitude pola súa banda, recoñeceu ante a xuíza ser o autor do atropelo mortal e levou aos axentes ata a leira onde supostamente abandonou o corpo sen enterrar.

PETICIÓN DE PRISIÓN PROVISIONAL

A avogada da familia espera contar cunha orde de prisión provisional o vindeiro luns, cando está previsto que declare o investigado de novo ante a xuíza de Mondoñedo que está a levar o caso.

O home, que conta cun historial por consumo de sustancias, está actualmente en prisión por un delito de roubo, condena que está a piques de finalizar, razón pola que a familia espera ter o luns a orde de prisión provisional e impedir desta forma que abandone o cárcere, xa que consideran que hai “risco de fuga”.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...