Home Lugo e contorna Falece un conductor logo de saír da vía co seu cuadricilo en Castro de Rei

Falece un conductor logo de saír da vía co seu cuadricilo en Castro de Rei

0
Falece un conductor logo de saír da vía co seu cuadricilo en Castro de Rei
O vehículo do sinistro. GARDA CIVIL

Un condutor faleceu este luns tras saírse da vía coa súa cuadriciclo lixeiro en Castro de Rei. O home foi trasladado ao hospital, onde finalmente faleceu.

Tal e como trasladou a Garda Civil de Lugo, o sinistro tivo lugar ás 12.07 horas no punto quilométrico 9,180 da estrada LU-P-1706, que enlaza Feira do Monte e Castro, no termo municipal de Castro de Rei.

O condutor sufriu unha saída de vía pola marxe esquerda da estrada, cando circulaba nun cuadriciclo lixeiro. No momento dos feitos era o único ocupante do vehículo.

Tras resultar ferido, foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde finalmente faleceu.

+ posts