Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda e creado especificamente para este espazo patrimonial. O proxecto explora a acústica do lugar e o diálogo entre instrumentos históricos e música de cámara presentándose como unha experiencia próxima e experimental que conecta música, arquitectura e territorio. “Hai dous ou tres anos fixen alí un concerto e quedoume na cabeza a idea de volver con máis músicos”, di Cupeiro ao tempo que comenta que é moi importante facer este tipo de cousas para levar xente ao rural. A igrexa ten un aforo de 200 persoas e as entradas están á venda en ataquilla.com
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.