InicioSucesosArde un camión na A-6 ao seu paso polas Nogais e obriga...

Arde un camión na A-6 ao seu paso polas Nogais e obriga a cortar un carril da autovía

A cabina e o remolque quedaron completamente calcinados tras un incendio que non puido ser sufocado cun extintor polos primeiros alertantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un camión sufriu un incendio este xoves mentres circulaba pola A-6, no quilómetro 445, á altura das Nogais, o que obrigou a cortar un carril da autovía, segundo informou o 112 Galicia. A Central de Emerxencias recibiu o aviso arredor das 8.35 horas, cando un particular alertou de que había un vehículo pesado avariado que comezara a arder. O alertante intentou apagar o lume cun extintor, pero non o conseguiu.

Ata o lugar mobilizáronse os bombeiros de Sarria, ademais de axentes da Garda Civil e servizos de mantemento da vía. Como consecuencia do incendio, a cabina e o remolque do camión quedaron completamente calcinados, aínda que non transcenderon danos persoais. O operativo centrouse en controlar as lapas e garantir a seguridade na circulación mentres se realizaban os labores de extinción e retirada do vehículo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...