InicioSucesosUnha condutora que case cuadriplicaba a taxa de alcol rebenta as dúas...

Unha condutora que case cuadriplicaba a taxa de alcol rebenta as dúas rodas contra o bordo da Rolda da Muralla

Cachan tamén nesta cidade ao acompañante dun coche asomando o tronco fóra do portelo mentres gravaba co móbil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un vehículo impactou contra o bordo da Rolda da Muralla, en Lugo, ao non respectar un sinal de STOP. A condutora foi sometida pola Policía Local á proba de alcoholemia, na cal arroxou un resultado que case cuadriplicaba o límite permitido. Segundo trasladou o corpo policial en nota de prensa, unha patrulla interveu neste accidente ocorrido durante a madrugada deste xoves. Debido ao impacto, a condutora do turismo rebentou as dúas rodas do lateral esquerdo como consecuencia do choque.

Tras comprobar os feitos, os axentes realizaron as probas de detección alcohólica procedimentais, que arroxaron resultados de 0,90 e 0,91 mg/l en aire expirado. Por iso instrúense dilixencias penais por un delito contra a seguridade viaria. Ademais, a Policía Local confirmou que foi a propia condutora quen chamou ao 112 solicitando asistencia, “sen ser consciente do alcance dos seus actos nese momento”, indica o comunicado.

O resultado das probas de alcol levou a apertura de dilixencias penais. Ao comprobar o estado de intoxicación etílica que presentaba, a muller foi evacuada en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para a súa atención médica. A actuación concluíu coa formulación de varias denuncias administrativas por condución neglixente, non respectar o sinal de STOP e a correspondente remisión aos xulgados de dilixencias por alcoholemia pola vía penal.

ASOMA O CORPO POR FÓRA DO PORTELO

Noutra intervención durante a mesma madrugada, axentes da Policía Local de Lugo detectaron a condución temeraria dun vehículo cuxo acompañante, en movemento, asomaba o tronco fóra do portelo mentres gravaba cun teléfono móbil. O vehículo circulaba por vía urbana e a escena foi observada polos policías durante un dos seus controis dinámicos. Inmediatamente procedeuse a dar o alto ao vehículo e formular a correspondente denuncia ao condutor por condución temeraria, ao entenderse que permitía unha conduta que comprometía gravemente a seguridade e por ser o responsable da obrigatoriedade da circulación dilixente na vía pola súa banda. Ademais, sancionouse ao acompañante por comportamento inadecuado durante a circulación e por non utilizar o cinto de seguridade, conforme á lexislación vixente.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...