InicioSucesosO choque dun coche contra un edificio obriga a cortar a Ronda...

O choque dun coche contra un edificio obriga a cortar a Ronda da Muralla

O condutor deu positivo nas probas de alcoholemia que se lle practicaron despois, cun resultado de 0.52 e 0.51 mg/L.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tivo que cortar a circulación na Ronda da Muralla, entre as rúas Recatelo e Vilalba, ao saírse da vía un vehículo e impactar contra a fachada dun edificio despois de arrincar dous puntos de luz. O accidente ocorreu ás 2.25 da madrugada do sábado, cando un automóbil se saíu da calzada por causas que se descoñecen, subíndose á beirarrúa e arrincando no proceso dous puntos de luz. Acabou impactando contra o lateral dun edificio na parte onde se estreita a beirarrúa.

Ao lugar trasladáronse efectivos do Grupo Operativo Nocturno e da Unidade de Ateigados porque foi preciso desviar o tráfico na zona, por Recatelo tendo en conta que a calzada quedou inhabilitada para a circulación. Os axentes someteron ao home a unha proba de alcoholemia e este arroxou un resultado de 0.52 e 0.51 mg/L. Por todo isto, instruíron dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...