InicioSucesosDetido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro...

Detido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro cun coitelo acusándoo de facer moito ruído

Está investigado como autor dun delito de tentativa de homicidio (lesións agravadas con arma branca)

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil detivo durante a madrugada deste martes a un veciño de Castro de Rei, de 29 anos, por causar cortes de diversa consideración ao seu compañeiro tras acusalo de facer moito ruído e non deixalo durmir. Está investigado como autor dun delito de tentativa de homicidio (lesións agravadas con arma branca).

Segundo informan nun comunicado, os feitos tiveron lugar no interior da vivenda que compartían vítima e autor cando, tras recriminar a vítima ao seu compañeiro que facía moito ruído de madrugada e non lle deixaba durmir, o infractor empuñou un coitelo ocasionándolle diversos cortes de consideración no corpo.

Os axentes da Garda Civil localizaron á vítima no rellano da porta de acceso á vivenda dunha veciña, coa roupa ensanguentada e con síntomas de hipotermia. Foi trasladado ao centro hospitalario, onde permane na unidade de críticos pendente de valoración para intervención cirúrxica. A persoa detida foi posta a disposición xudicial, a cal decretou o seu ingreso en centro penal.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...