InicioSucesosDenunciado un home por chamar "merdas" aos axentes da Policía Local que...

Denunciado un home por chamar “merdas” aos axentes da Policía Local que pechaban un ‘after hours’ na rúa García Abad

Segundo comunicou este xoves a Policía Local de Lugo, o individuo foi identificado e proposto para sanción por unha infracción á Lei de Seguridade cidadá despois de dirixir cara aos axentes improperios como "sodes unhas merdas" ou "pechade outros locais e non este, que se están gañando a vida".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi denunciado pola Policía Local de Lugo por insultar aos axentes que procedían ao peche dun ‘after hours’ da capital luguesa na mañá do pasado martes. Segundo comunicou este xoves a Policía Local de Lugo, o individuo foi identificado e proposto para sanción por unha infracción á Lei de Seguridade cidadá despois de dirixir cara aos axentes improperios como “sodes unhas merdas” ou “pechade outros locais e non este, que se están gañando a vida”. O incidente ocorreu ás 11.50 horas da mañá do martes cando un indicativo da unidade da Policía de barrio se desprazou a un local hostaleiro que funciona como ‘after hours’ situado na rúa García Abad para proceder á súa clausura.

DETIDO POR TRÁFICO DE DROGAS

Ademais, a Policía Local de Lugo tamén detivo a un home que foi sorprendido cando circulaba no seu coche con 200 gramos de haxix. Unha patrulla que realizaba tarefas preventivas deu o alto a un vehículo ás 00.50 horas do mércores na rúa Lamas de Prado tras observar danos no coche.

Ao aproximarse, decatáronse do forte cheiro a haxix que procedía do interior do automóbil, que foi rexistrado ata localizar unha peza envolta en plástico de 200 gramos de resina de cannabis. Ademais de ser denunciado por un delito contra a saúde pública, o condutor foi sometido á proba de drogas, na que deu positivo en THC.

ÚLTIMAS

O lucense Alejandro Álvarez, ‘Mellor Condutor de Autocares 2025’ na categoría Mundo na feira ‘ExpoBus Iberia’

ExpoBus Iberia é unha feira de transporte de viaxeiros por estrada que tivo lugar...

Os concursos de dereitos mineiros caducados en Pontevedra e Lugo quedan desertos

Os concursos públicos impulsados pola Xunta para dereitos mineiros caducados nas provincias de Pontevedra...

Atrasos no tren A Coruña-Lugo tras a caída dunha furgoneta ás vías do tren en Begonte

A caída dunha furgoneta ás vías do tren na localidade lucense de Begonte provocou...

Morre un condutor nunha colisión entre dous coches e un camión en Lugo

Unha persoa faleceu na mañá deste venres en Lugo tras producirse unha colisión frontal...