InicioSucesosFerido de gravidade un condutor que se saíu da vía e chocou...

Ferido de gravidade un condutor que se saíu da vía e chocou contra unha casa en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor resultou ferido este domingo tras saírse da vía o vehículo no que circulaba pola estrada LU-861, ao seu paso pola parroquia de Santaballa, no municipio lucense de Vilalba, e chocar contra unha casa.

Segundo informou o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu o aviso deste sinistro pouco despois das 20:00 horas. A consecuencia do impacto, o condutor quedou incosciente, aínda que liberado e accesible, tal e como confirmaron os Bombeiros de Vilalba á súa chegada ao momento.

Pola súa banda, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para facilitar o traslado do ferido ao centro hospitalario de referencia. No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...