InicioSucesosA Policía Nacional desarticula un punto de venda de droga e intervén...

A Policía Nacional desarticula un punto de venda de droga e intervén 140 doses de haxix

Os feitos foron denunciados polos veciños e comerciantes da zona

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Policía Nacional de Lugo desarticularon un punto de venda de droga na cidade, onde detiveron a un home e interviñeron 140 doses de haxix. Os feitos foron denunciados polos veciños e comerciantes da zona, tras o que os axentes estableceron un dispositivo de comprobación e verificación dos feitos.

A investigación centrouse na contorna do domicilio do agora detido e, tras detectar as transaccións ilícitas, procedeuse á súa detención e traslado a dependencias policiais. Durante o rexistro domiciliario interviñéronse unhas 140 doses de haxix, unha balanza de precisión, diñeiro procedente das vendas e diferentes elementos relacionados coa manipulación e venda de sustancias estupefacientes.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...