InicioSociedadeO Concello de Rábade prepara un "reacollo estable" para os 13 membros...

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

A ausencia de vivenda pública de titularidade municipal na localidade e o número de integrantes da unidade familiar afectada, recoñece a rexedora, dificultan a tarefa, e a posibilidade de ofrecer aos damnificados unha vivenda privada en aluguer asoma nestes momentos como a alternativa máis factible.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha “reacollo estable” aos 13 membros, nove deles menores de idade, da familia que perdeu o xoves a súa casa como consecuencia do voraz incendio que devastou por completo dous edificios de vivendas nunha céntrica rúa do municipio lucense.

Os integrantes deste núcleo familiar, que vivían repartidos en dous pisos diferentes dentro do mesmo inmoble onde se orixinou o lume, pasaron a noite do xoves nun hostal da localidade tras a áxil xestión realizada pola área de servizos sociais do municipio, mentres que a outra persoa afectada (un home que vivía só no edificio lindeiro, que tamén resultou calcinado) buscou polos seus propios medios unha alternativa habitacional.

“Neste momento están nun hotel pero estamos a lles buscar un piso ou unha vivenda porque é o que eles queren. Son unha familia grande con nenos e o que queren é poder volver estar todos xuntos”, explica, en declaracións a Europa Press, a alcaldesa de Rábade, Remedios González, que confía en poder ofrecer unha solución habitacional a longo prazo á familia damnificada nos próximos días. “Eles están resignados porque saben que quedaron sen vivenda, téñeno moi asumido. Están tristes porque é unha situación moi dolorosa, pero o único que piden é unha vivenda para volver refacer as súas vidas”, asegura.

ausencia de vivenda pública de titularidade municipal na localidade e o número de integrantes da unidade familiar afectada, recoñece a rexedora, dificultan a tarefa, e a posibilidade de ofrecer aos damnificados unha vivenda privada en aluguer asoma nestes momentos como a alternativa máis factible ante a emerxencia provocada polo incendio.

“Rábade é un pobo pequeno e non temos vivenda pública. Aínda que hai vivenda, moita dela non está habitable. Estivemos a xestionalo co Instituto Galego de Vivenda e Solo e parece que a alternativa terá que ser unha vivenda privada. Alugar unha vivenda. Eles xa saben que a través de emerxencia social téñeno solucionado”, profunda.

“A XENTE ESTABA CONMOCIONADA”

O incendio, de cuxa existencia alertou un veciño ao redor das 11.30 horas da mañá do xoves, orixinouse na segunda planta dun bloque de vivendas situado na céntrica rúa Gabriela Nieto Chan de Rábade. As chamas propagáronse rapidamente obrigando aos integrantes da familia que se atopaban nese momento no interior do domicilio a ter que desaloxar a vivenda. O lume, que arrasou por completo dous edificios e afectou (sen chegar a provocar danos estruturais) a fachada doutros dous inmobles situados na mesma rúa, quedou controlado ao redor das 14.00 horas sen provocar danos persoais.

A fumareda xerou un gran balbordo na localidade, que celebraba o xoves una das súas feiras mensuais. “Era moi impresionante ver as chamas, había moita expectación, a xente estaba conmocionada”, rememora a alcaldesa, antes de indicar que de non mediar a rápida intervención dos servizos de emerxencias, as consecuencias poderían ser “moito máis graves”. “É unha rúa con moita vivenda antiga, algunhas están restauradas, pero son vivendas antigas con vigas de madeira. Cun pouco máis de vento ou se os bombeiros non chegan a actuar con tanta celeridade, o lume propagaríase”, puntualiza.

AS CAUSAS DO INCENDIO

Aínda que se ten certeza do lugar onde se orixinaron as chamas (a segunda planta do edificio no que vivía a familia desaloxada, que resultou ser o máis afectado) descoñécese aínda que puido provocar o incendio. Un curtocircuíto nalgún electrodoméstico ou algún problema relacionado coa cociña do inmoble, segundo os testemuños dos propios damnificados, poderían estar detrás do sinistro. Por motivos de seguridade, as tarefas de inspección do edificio calcinado non puideron comezar aínda este venres e a Garda Civil deberá recibir un informe da unidade de bombeiros para valorar a súa intervención e iniciar unha investigación co fin de esclarecer o sucedido.

PODERÁN PEDIR O BONO DE ALUGUER SOCIAL

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, María Martínez Allegue, trasladou á alcaldesa de Rábade, Remedios González, que a Xunta ofrece o bono de aluguer social ás dúas unidades de convivencia afectadas polo incendio. Entre as persoas beneficiarias atópanse aquelas con dificultades para asumir o custo do aluguer dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que teñen en calidade de propietarios ou usufructuarios, por danos sufridos nela, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevinda, tales como incendios e inundacións, entre outras. O importe do bono alcanza o 100 % do custo do aluguer. A Consellería, mediante o Instituto Galego da Vivenda e Solo, está en contacto coa asistencia social do concello de Rábade para tramitar a axuda no menor prazo posible co obxectivo de que cubrir xa o primeiro mes de aluguer.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...