InicioSucesosCondenado a catro anos de cárcere o home que violou á súa...

Condenado a catro anos de cárcere o home que violou á súa compañeira de piso en Lugo

Os feitos ocorreron en marzo de 2022, cando despois de volver dunha noite de festa, o home aproveitou que a súa compañeira estaba durmida para meterse na súa cama e penetrala vaxinalmente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un home de nacionalidade dominicana a catro anos de cárcere por un delito de abuso sexual tras violar á súa compañeira de piso na cidade de Lugo. O acusado non poderá achegarse á vítima nin comunicarse con ela por cinco anos, os mesmos que terá de liberdade vixiada ao saír de prisión.

Segundo despréndese do fallo xudicial, con data do pasado día 22 de abril e do que informou este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os feitos ocorreron en marzo de 2022, cando despois de volver dunha noite de festa, o home aproveitou que a súa compañeira estaba durmida para meterse na súa cama e penetrala vaxinalmente.

O tribunal sinala que tomou a decisión apoiándose no testemuño da vítima, “esencial á hora de alcanzar unha convicción”, por estar “revestido de elementos periféricos que dotan de credibilidade ao relato e que apuntan de maneira indubitada ao procesado como autor dos feitos”. O home, foi xulgado polos feitos nunha vista na que afirmou que a relación fora consentida.

A sentenza sinala que, unha vez producido o feito na habitación da afectada, esta “colocou mobles ante a porta para evitar que o procesado entrase de novo”. Ademais, indica que o propio procesado admitiu que ouviu trasladar estes mobles, o que para o tribunal evidencia o temor que lle infundiu”.

Así mesmo, apunta que, “en canto puido, a vítima fuxiu desa casa en pixama e zapatillas, o que revela a situación de tensión pola que estaba a pasar e que é corroborada igualmente polos axentes que acudiron no seu auxilio”. Puntualiza tamén que polo “grave sentimento de medo, inseguridade e temor” padecido, a vítima regresou de inmediato ao seu país de orixe.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...