InicioSucesosDesmantelado un taller clandestino no que se modificaban armas na Fonsagrada

Desmantelado un taller clandestino no que se modificaban armas na Fonsagrada

O dono do taller está acusado de supostos delitos de depósito de armas, depósito de municións, tenencia de armas prohibidas e tenencia ilícita de armas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil desmantelou na Fonsagrada un taller clandestino de modificación de armas e detivo ao seu titular no marco da operación ‘Furancho‘. Nun comunicado, o instituto armado explica que o home, que adquirira coñecementos como armeiro, está acusado de supostos delitos de depósito de armas, depósito de municións, tenencia de armas prohibidas e tenencia ilícita de armas.

A operación iniciouse fai tres anos, cando os axentes detectaron que varias persoas estaban comerciando de forma ilegal con armas de fogo e os seus compoñentes esenciais a través de Internet. Unha vez identificado e localizado o lugar onde se sospeitaba que levaban a cabo os labores de manipulación e transformación das armas que posuían, realizáronse varias entradas e rexistros.

En concreto, rexistrouse un domicilio, un taller clandestino e unha leira onde se atopaba unha galería de tiro clandestina para probar as armas modificadas. Así, interviñéronse 39 armas, máis de 2.200 cartuchos de diferentes calibres, pólvora para a fabricación de municións, ferramentas para a transformación de armas, así como para a fabricación de municións e tamén se precintou distinta maquinaria coa que se modificaban e transformaban as armas.

+ posts

ÚLTIMAS

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...