InicioAncaresBarallaSaída da vía dun vehículo en Barralla cuxo condutor superaba a taxa...

Saída da vía dun vehículo en Barralla cuxo condutor superaba a taxa de alcoholemia permitida

Á vista do resultado das probas, a Garda Civil instruíu dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria para o seu trasladado ao xulgado de Becerreá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil abriu dilixencias de investigación penal contra un condutor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, e que deu unha taxa de alcoholemia catro veces superior á máxima permitida, tras verse implicado nun accidente.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, o sinistro tivo lugar no quilómetro 468 da N-V, no termo municipal de Baralla. O condutor, un veciño de Becerreá de 44 anos de idade, saíu da vía pola marxe esquerda e posteriormente envorcou, resultando ferido leve.

Ao facerlle as probas de detección alcohólica, o home arroxou unha taxa catro veces por encima do máximo permitido para condutores en xeral, que é de 0,25 mg/l.

Á vista do resultado das probas, a Garda Civil instruíu dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria para o seu trasladado ao xulgado de Becerreá.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...