InicioSucesosUn condutor que duplicaba a taxa de alcol permitida encáixase contra un...

Un condutor que duplicaba a taxa de alcol permitida encáixase contra un camión do lixo en Lugo

Dúas persoas deron positivo en drogas na tarde deste martes nun control da Policía Local

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os axentes da Policía Local de Lugo abriron dilixencias na madrugada deste mércores a un condutor que duplicaba a taxa do alcol permitida e encaixouse contra un camión do lixo na rúa Rei Don García.

Segundo trasladou a Policía nun comunicado, ao redor de medianoite un equipo de Atestados desprazouse ata o lugar dos feitos, tras ser avisados de que se produciu un accidente de circulación. O condutor do camión tivo que ser trasladado a un centro médico sen revestir gravidade.

Os axentes apuntaron que á súa chegada o condutor do turismo non se atopaba no lugar, sendo posteriormente localizado no Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula). O home manifestou aos policías que “sufrira un descoido, chocando contra o camión”.

Deste xeito, os axentes observaron que presentaba signos de embriaguez foi sometido ás probas de detención alcohólica, arroxando un resultado positivo de 0,52 miligramos por litro

CONTROIS DE DROGA

Doutra banda, na tarde deste martes os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron un control estático na Avenida Benigno Rivera, detectando un positivo en THC e outro en cocaína e THC.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...