InicioAncaresPedrafita do CebreiroIdentifican en Pedrafita un vehículo que transportaba catro persoas no habitáculo da...

Identifican en Pedrafita un vehículo que transportaba catro persoas no habitáculo da mercadoría

Os ocupantes indicaron que eran artistas e que regresaban dunha actuación,e que o material transportado eran comestibles e as súas propias equipaxes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco dunha inspección de transportes en lacarretera N-6, no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, detectou unha furgoneta transportando no habitáculo reservado para a carga a catro persoas.

Segundo explican nun comunicado, estas non facían uso de ningún sistema de retención homologado ao tratarse dun lugar exclusivamente habilitado para o transporte de mercadorías e carecer destes. Así, os usuarios que viaxaban no mesmo sentaban sobre as caixas que á súa vez transportaban.

O vehículo, procedente de Madrid, dirixíase a Lugo. Os ocupantes indicaron que eran artistas e que regresaban dunha actuación,e que o material transportado eran comestibles e as súas propias equipaxes.

Por estes feitos formuláronse os correspondentes boletíns dedenuncia polas infraccionas administrativas observadas para suposterior remisión á Xefatura Provincial de Tráfico.

O condutor do vehículo foi sometido ás probas de detección depresencia de drogas no organismo, que arroxaron un resultado positivo en THC, aínda pendente a súa confirmación polo laboratorio de referencia.

Polos feitos descritos procedeuse á inmovilización do vehículohasta que un condutor habilitado puido facerse cargo da súa condución, mentres que quen viaxaban no lugar habilitado para a carga,continuaron a súa viaxe en taxi.

+ posts

ÚLTIMAS

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...

Aberto o prazo do programa Da Escola á Granxa da Vicepresidencia da Deputación

A área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar a quinta...