InicioMedioambiente e PatrimonioO PP reclama a "asignación comprometida" para rehabilitar o mosteiro de Vilar...

O PP reclama a “asignación comprometida” para rehabilitar o mosteiro de Vilar de Donas

O PP lembrou que en xuño de 2021 o Goberno central presentou o Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-2022, para impulsar os Camiños de Santiago

PUBLICADA O

- Advertisement -

O senador do PP lucense José Manuel Barreiro pedirá ao Goberno central que “cumpra coa asignación comprometida” de 1,5 millóns de euros para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas, en Palas de Rei.

Así o fará este martes na Comisión de Industria e Turismo do Senado, onde defenderá unha iniciativa dos senadores populares lucenses.

Nun comunicado, o PP lembrou que en xuño de 2021 o Goberno central presentou o Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-2022, para impulsar os Camiños de Santiago e que contaba cun investimento “superior a 121 millóns de euros, a financiar con cargo aos fondos Next Generation”.

Entre os investimentos previstos no plan, o Executivo central “reservaba unha partida de 1,5 millóns de euros” para rehabilitar o mosteiro.

“Transcorridos tres anos desde o anuncio, non existe constancia da liberación destes fondos asignados para esta obra de recuperación e iso a pesar de que xa existe un acordo co bispado de Lugo, que se mostra favorable á rehabilitación integral do inmoble, hoxe en mal estado de conservación”, apuntou o popular.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...