InicioSucesosArde unha vivenda abandonada, ao carón doutra que xa se calcinou noutro...

Arde unha vivenda abandonada, ao carón doutra que xa se calcinou noutro lume

O inmoble quedou afectado na súa totalidade, pero non causou danos persoais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Central de Atención ás Emerxencias-112 Galicia informou de que unha vivenda abandonada en Lugo quedou calcinada por completo. Trátase dun inmoble situado á beira doutro que ardera anteriormente. Quedou afectado na súa totalidade, pero non causou danos persoais.

O 112 Galicia recibiu o aviso preto das 20,30 horas da tarde deste venres a través das chamadas de diversos particulares nas que avisaban de que estaba a arder unha vivenda situada no paseo do río Rato, en Lugo. Desde o primeiro momento, as persoas que chamaron descartaron que houbese persoas afectadas.

Desde o 112 deuse aviso aos Bombeiros e á Policía Local de Lugo. Informouse, á súa vez, aos axentes da Policía Nacional.

Os Bombeiros traballaron no punto durante varias horas para atallar as chamas. Dez minutos antes das 23 horas deron por controlado o incendio, que queimou por completo a vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...