InicioSucesosMultados tres conductores borrachos en Lugo

Multados tres conductores borrachos en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía de Lugo detectou a tres condutores con síntomas de embriaguez, e que na proba deron positivo por alcol, no marco dun dispositivo despregado nas últimas horas. Contra un deles, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

Concretamente, a patrulla do Grupo Operativo Nocturno detectou na rúa Ramos Misioné un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, tras ser sometido ás probas de detección alcohólica, arroxou un resultado positivo de 0,79 miligramos por litro. O atestado foi trasladado á unidade de Atestados para instruír dilixencias por delito contra a seguridade viaria en modalidade de xuízo rápido.

Tamén se interceptou a un condutor que arroxou un resultado positivo de 0,54 mg/l, para o que se abriu un expediente sancionador con multa de mil euros e retirada de seis puntos do permiso de conducir.

Pola súa banda, unha patrulla da Policía Nacional solicitou apoio da Local para realizar probas a outro condutor que se pasou un semáforo en vermello na rúa Germán Alonso. Neste caso, deu un positivo de 0,54 mg/l, motivo polo que tamén se abriu expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de seis puntos do carné.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...