InicioSucesosAnulada unha condena por abuso sexual ao considerar o TSXG que a...

Anulada unha condena por abuso sexual ao considerar o TSXG que a versión da vítima era contraditoria

A sala considera que os feitos, rexistrados ao longo do ano 2019, non están debidamente acreditados ao sosterse unicamente pola versión da denunciante, unha muller de 65 anos que ten recoñecida unha discapacidade do 65,5%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) revogou a condena de oito anos e medio de cárcere imposto pola Audiencia Provincial de Lugo a un home por un delito de abuso sexual ao entender que a versión da suposta vítima incorría en contradicións.

Nun fallo emitido o pasado 29 de setembro e difundido este xoves, a Sala do Civil e Penal do Alto Tribunal galego estima o recurso do condenado, ao que absolve do delito de abuso sexual. Contra a resolución cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

A sala considera que os feitos, rexistrados ao longo do ano 2019, non están debidamente acreditados ao sosterse unicamente pola versión da denunciante, unha muller de 65 anos que ten recoñecida unha discapacidade do 65,5%.

“Existen contradicións entre as diversas declaracións prestadas pola denunciante, xa sexan relativas ao número e á natureza dos actos sexuais que lle foron impostos como á temporalización dos devanditos actos ou tamén ás circunstancias que os rodearían, así como imprecisións significativas”, subliña o tribunal na súa resolución.

Neste sentido, determinan que o testemuño achegado pola suposta agredida é “fluctuante e falto de corrección”, ao que se suma “a carencia de verdadeiros elementos de corroboración”, algo que, como recalca o tribunal, é “esencial” cando o caso se sustenta unicamente na versión da vítima.

Ademais, os maxistrados aseguran que para emitir a condena de primeira instancia non levou a cabo “unha análise de credibilidade da vítima”.

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

A Deputación de Lugo investirá un millón de euros en estradas e adquisición de nova maquinaria

A Deputación de Lugo deu a coñecer un novo paquete de investimentos que supera...

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...