InicioTerra CháCospeitoExcarcerados aos dous ocupantes dun vehículo que se saíu da vía en...

Excarcerados aos dous ocupantes dun vehículo que se saíu da vía en Cospeito

Os dous ocupantes dun vehículo tiveron que ser excarcerados este sábado tras saírse da vía o coche no que circulaban no municipio lucense de Cospeito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os dous ocupantes dun vehículo tiveron que ser excarcerados este sábado tras saírse da vía o coche no que circulaban no municipio lucense de Cospeito. Segundo informa o 112, o accidente tivo lugar no punto quilométrico 14 da LU-120. Foi un particular o que deu aviso ao servizo, uns minutos despois das 19,30 horas.

Os Bombeiros de Vilalba acudiron ao lugar do accidente para utilizar o material de excarceración e liberar ás dúas persoas atrapadas a causa do impacto.

Tras recibir as primeiras atencións no propio lugar, as dúas persoas que circulaban no vehículo foron trasladadas ao Hospital Universitario Lucus Augusti. Ademais dos bombeiros e o 061, no operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da vía de circulación.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...