InicioSucesosAtendidas dúas anciás que cairon na casa e dous homes por posibles...

Atendidas dúas anciás que cairon na casa e dous homes por posibles infartos

As dúas mulleres caíron nos seus domicilios e non eran quen de ergurese. Os dous homes eran conductores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo atendeu esta fin de semana a dúas persoas por problemas de mobilidade no interior da casa e a outros dous por infarto mentres circulaban cos seus vehículos pola vía púbica

Así, ás 6’00 horas do venres, unha patrulla de Policía de Barrio trasladouse a un domicilio da Praza do Rei, desde onde se recibiu requirimento pola caída dunha persoa maior, que non era capaz de levantarse. Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que se trataba dunha muller de 85 anos de idade, que se caeu aos pés da cama, pero manifestaba non sufrir ningún tipo de lesión, polo que os policías prestáronlle a axuda necesaria.

Similar auxilio prestaron os axentes, ás 9’20 horas do domingo 4, noutro domicilio, tratándose nesta ocasión dunha muller de 77 anos.

Por outra banda, tamén ás 10’00 horas do venres 2, unha patrulla de Policía de Barrio foi comisionada na Avd. Infanta Elena, onde un conductor estaba a sufrir unha indisposición. Unha vez no lugar, os axentes puideron comprobar que se trataba dun conductor que se atopou mal, estacionando o vehículo e descendendo do mesmo, momento no que foi visto por outro usuario da vía, que lle prestou a primeira axuda e permaneceu con el ata a chegada dos servizos sanitarios, que lle asistiron por un presunto paro cardiorrespiratorio e procederon á súa evacuación ao HULA.

Tamén ás 3’35 horas da noite de venres a sábado, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno trasladouse á Rolda da Muralla (Mosquera), desde onde se recibiu información sobre un home tirado na vía pública. Ao chegar, os policías comprobaron que se trataba dun home, de 34 anos de idade, que se atopaba consciente pero queixábase de dor nun ombreiro, perda de mobilidade e de memoria, polo que foi requirida a presenza dunha ambulancia, que tras unha primeira asistencia procedeu ao seu traslado ao HULA.         

            

ÚLTIMAS

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...