InicioSociedadeDenunciados 23 condutores por exceso de velocidade en Lugo, un deles por...

Denunciados 23 condutores por exceso de velocidade en Lugo, un deles por ir a 95 km/h nun tramo limitado a 50

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a 23 condutores por exceso de velocidade interceptado en controis realizados este pasado xoves, entre eles un que circulaba a 95 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50.

Segundo informou a Policía Local, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron controis de velocidade en vías do centro urbano de Lugo nas que se detecta un incremento de accidentes de circulación.

Dos 880 vehículos controlados, os axentes denunciaron a 23 condutores que superaron a velocidade máxima permitida para as vías controladas. A máis elevada detectada correspondeu aos 95 quilómetros por hora, o que supón para o denunciado unha sanción de 500 euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir.

A Policía Local destaca que o obxectivo destes controis céntrase en “vixiar e garantir o cumprimento dos límites de velocidade nas rúas de Lugo” e, engade, “concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade do vehículo á establecida para a vía” para evitar “un impacto negativo sobre os usuarios máis vulnerables da vía como peóns e ciclistas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...