InicioSucesosA Policía Nacional de Lugo salvou a vida dun menor que se...

A Policía Nacional de Lugo salvou a vida dun menor que se quería tira desde o alto do Garañón

Tamén sacou do río MIño a unha muller de avanzada idade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo realizou 28 servizos humanitarios neste mes de xuño, entre eles salvou a vida dun menor que trataba de tirarse desde o alto do Garañon e noutro sacou do Río Miño a unha muller de avanzada idade.

Así o informou a Policía Nacional nun comunicado, no que detalla que funcionarios adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, en servizo de Radiopatrullas, realizaron ao longo do ano “innumerables servizos humanitarios“, a “gran maioría rutineiros”, como axuda a persoas maiores que teñen algunha dificultade nos seus quefaceres diarios, persoas con dificultades na vía pública, colaboracións co servizo do 061 e outros.

Con todo, neste mes subliña dous servizos humanitarios que “destacan este labor diario da Policía Nacional que transcenden da rutina diaria”, indican as mesmas fontes, en relación, en primeiro lugar, á actuación a pasada semana no edificio do Garañón, tras avisar un cidadán, a través da sala do 091, da presenza dunha persoa no alto da construción abandonada.

Personados no lugar indicativos de Radiopatrullas, viron ver no alto do tellado un home cos pés xa colgando cara ao baleiro. Unha vez na última planta, un dos policías accedeu ao tellado a través do oco do ascensor.

Xa no tellado, observou a un menor que choraba e coa perna colgadas no baleiro. Tras tratar de conversar con el, este só asentiu e moveu a cabeza, “sen articular palabra, e sempre coa mirada perdida”, sinalan as mesmas fontes policiais.

Despois duns minutos de conversación e “achegándose ao mesmo co coidado e precaución que a situación require consegue convencelo para que depoña as súas intencións, e articule as primeiras palabras, así de forma inestable consegue levalo xunto aos demais integrantes do operativo policial, quen o aseguran e coas debidas garantías trasladan á parte baixa do edificio, onde é asistido polos servizos sanitarios”, relata a Policía.

RÍO

Doutra banda, tamén a finais da pasada semana, indicativos de Radiopatrullas da Policía Nacional lograron salvar a vida dunha muller de avanzada idade que se meteu no Río Miño para bañarse.

Os efectivos mobilizáronse requiridos por un cidadán que observou como unha muller “con grandes dificultades para moverse”, sinala a Policía, metíase no Río Miño, á altura do Muiño.

Personadas dotacións de Policía Nacional no lugar, viron a unha muller de avanzada idade na auga, a uns dez metros da beira, polo que se prepararon para sacala do río, para o que contaron coa colaboración dun transeúnte que estaba no lugar. Unha vez a salvo, foi atendida polos servizos sanitarios e fixéronse cargo da mesma os seus familiares, que foran localizados pola Policía Nacional.

OUTROS CASOS

Entre os outros casos, apunta a Policía, “sen ser tan relevantes na determinación de salvar unha vida”, destaca “o servizo prestado ao cidadán e a solución aos problemas que moitas veces xorden na rutina diaria que por se, estas persoas non son capaces de liquidar”.

“Estas situacións son as que a Policía Nacional resolve de maneira continua, xa que difícil é o día que non se recibe unha chamada dun transeúnte que está tirado na rúa e ao cal hai que dar atención para coñecer o seu estado de saúde ou o seu traslado a un centro asistencial”, detalla.

Ademais, engade que “non son menos as veces que se localiza a persoas desaparecidas“, como este pasado domingo, cando foi denunciada a desaparición dun home de mediana idade ao mediodía, que foi localizado en cuestión de horas. Ou fai tres semanas cando se atopou a unha moza que marchou da súa casa e foi localizada en Estremadura.

Tamén destaca a asistencia a persoas de avanzada idade que viven soas e en moitas ocasións require os servizos da Policía Nacional “para resolver situacións que se lles fan grandes debido ás súas limitacións físicas”, conclúen as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...