InicioSociedadeCortado o tráfico en Baamonde na ligazón da A-6 coa A-8 por...

Cortado o tráfico en Baamonde na ligazón da A-6 coa A-8 por obras de reparación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) inicia este luns as obras de substitución de apoios e reparación de danos no taboleiro do paso superior do ramal A Coruña-Oviedo da ligazón da autovía A-8 en Baamonde, na provincia de Lugo, o que supón o corte de tráfico na zona. Por iso, establecéronse itinerarios alternativos “debidamente sinalizados”.

Así o informou nuns comunicado Transportes, no que explica que para poder executar as obras resulta “indispensable cortar ao tráfico o ramal A Coruña-Oviedo da autovía A-8″, situado na ligazón do quilómetro 522,890 da A-6 coa A-8 en Baamonde.

Por iso, todo o tráfico pasa a circular polo desvío alternativo pola estrada N-634, ata o quilómetro 634,780, para incorporarse de novo á autovía A-8 na ligazón do punto quilómetro 588, concreta o Ministerio.

Así mesmo, sinala que “é necesario realizar cortes de carril na calzada dereita da autovía A-6”, inicialmente no esquerdo, e posteriormente no dereito, entre os quilómetros 521,580 a 522,060, debido ao que se canalizará en cada caso o tráfico polo carril que permaneza aberto.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...