InicioSucesosUnha octoxenaria estivo varios días tirada na súa vivenda sen poder levantarse...

Unha octoxenaria estivo varios días tirada na súa vivenda sen poder levantarse ata a chegada da Policía Local

A muller manifestou que só quería deitarse na cama, polo que foi socorrida polos axentes que, co "máximo coidado", destacan as mesmas fontes, deitárona e quedou a cargo dos seus familiares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo auxiliou a unha muller de 86 anos que levaba varios días tirada na súa vivenda sen conseguir levantarse debido a unha enfermidade que padece.

Segundo informou a Policía Local, durante o pasado fin de semana á rúa Lavandeira acudiu unha patrulla porque unha muller de 86 anos estaba tirada na súa vivenda desde fai “aproximadamente dúas ou tres días” e non consegue levantarse.

Os axentes acharon á muller octoxenaria “consciente, con moita dor nas pernas por mor da enfermidade que padece”, polo que foi auxiliada polos policías.

A muller manifestou que só quería deitarse na cama, polo que foi socorrida polos axentes que, co “máximo coidado”, destacan as mesmas fontes, deitárona e quedou a cargo dos seus familiares.

Por outra banda, tamén o fin de semana no adarve da muralla romana de Lugo unha patrulla municipal interveu “para acougar a unha moza de 19 anos afectada por unha crise nerviosa”. Os axentes requiriron unha ambulancia do 061 e a moza foi levada ao HULA para recibir atención médica.

Nesa mesma localización, unha patrulla atopou a unha persoa que deambulaba polo adarve da muralla “en estado de embriaguez”, destacan as mesmas fontes, co “consecuente perigo de caída”, polo que foi auxiliado por axentes e, ao rexeitar asistencia médica, foi trasladado polos policías ao seu domicilio.

Doutra banda, na zona de Costas do Parque unha patrulla atopou a un mozo de 23 anos tirado e observou que presentaba “signos de embriaguez”, polo que foi auxiliado polos axentes, que requiriron unha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

DETIDOS

Mentres, na Rolda da Muralla a Policía Local detivo a dous homes por senllos delitos de atentado a axentes da autoridade, resistencia grave e desobediencia.

Os dous arrestados foron conducidos a dependencias policiais, onde se instruíron dilixencias para o xulgado de garda.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...