InicioSucesosOrde de afastamento da súa neta para un septuaxenario detido en Lugo...

Orde de afastamento da súa neta para un septuaxenario detido en Lugo por supostos abusos sexuais á menor

A familia notaba á nena "rara".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 75 anos de idade foi detido no municipio de Lugo por supostos abusos sexuais á súa neta de 13 anos, da que ten, tras pasar a disposición xudicial, unha orde de afastamento.

Fontes policiais confirmaron a Europa Press foi o xoves da semana pasada foi detido o septuaxenario tras ser denunciado por supostos abusos sexuais á súa neta. O arresto produciuse despois de que a familia da menor, indicaron fontes consultadas, presentase denuncia en comisaría porque “notaban á nena rara”. De feito, un amigo da contorna familiar apuntou que había “tocamentos” do home á menor.

Despois de ser detido pola Policía Nacional, o home quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial, cunha orde de afastamento da súa neta. O septuaxenario detido, indicaron fontes consultadas, conta con antecedentes por feitos de “similar tipoloxía”.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...