InicioSucesosDetido por estafa o antigo xerente dun restaurante de Lugo

Detido por estafa o antigo xerente dun restaurante de Lugo

Tiña antecedentes e contratara dous eventos no mesmo lugar o mesmo día.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas, detiveron un home veciño de Lugo como autor dun delito de estafa acusado de ingresar diñeiro de adiantos de banquetes na súa conta propia cando era xerente dun restaurante.

Así o informou a Policía Nacional, que indicou que iniciou unha investigación despois de presentada denuncia nas dependencias da Policía Nacional, na que os propietarios dun coñecido restaurante da cidade denunciaron a estafa de case 6.000 euros.

Para a comprobación da fraude denunciada, a Policía constatou que se cobraron diferentes cantidades de diñeiro en concepto de adianto por banquetes contratados, ingresos realizados na conta particular do ex-xerente agora detido e non na da empresa.

EVENTOS SEN COÑECEMENTO

Despois de realizadas as dilixencias de investigación, a Policía Nacional verificou a autoría, así como a contratación de eventos sen coñecemento do restaurante. Por todo iso, axentes procederon á detención do autor da estafa.

As mesmas fontes policiais puntualizaron, así mesmo, que o autor destes feitos, que tiña antecedentes policiais, chegara a contratar dous eventos no mesmo lugar o mesmo día.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...