InicioSucesosA Policía Local de Lugo investiga o accidente dun home achado inconsciente...

A Policía Local de Lugo investiga o accidente dun home achado inconsciente xunto a unha bici de pedaleo asistido

O home tivo que ser trasladado ao HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo investiga as causas do accidente sufrido por un home achado inconsciente cunha bicicleta de pedaleo asistido nas inmediacións na capital luguesa. Segundo informou a Policía Local, ás 00,55 horas do domingo pasado a Sala do 092 recibiu información sobre unha persoa tirada na Avenida da Coruña, en Lugo.

No lugar, os axentes do Grupo Operativo Nocturno comprobaron que se trata dun home que se atopaba “inconsciente e sangrando pola cabeza“. Ademais, nas proximidades había unha bicicleta de pedaleo asistido, pero non acharon testemuñas que puidesen orientar sobre o sucedido.

Os policías da Unidade de Atestados iniciaron expediente e as investigacións necesarias para tentar esclarecer o sucedido. O home foi inicialmente atendido por unha ambulancia do 061 e finalmente trasladado ao HULA para unha valoración posterior.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...