InicioSucesosInterceptado en Lugo un condutor que triplicou a taxa máxima de alcoholemia

Interceptado en Lugo un condutor que triplicou a taxa máxima de alcoholemia

Na Rolda Norte tivo lugar un accidente de tráfico con varios vehículos implicados onde catro persoas resultaron feridas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou un condutor na madrugada deste xoves con “condución irregular” que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida. Segundo informou a Policía Local, ás 2,15 horas deste xoves unha patrulla observou a “circulación irregular” dun vehículo pola Rolda das Mercedes, polo que procedeu a deter a súa marcha.

Os axentes comprobaron que o condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, polo que foi sometido ás probas de detección regulamentarias, nas que obtivo positivos de 0,76 e 0,65 mg/l. Por iso, concretaron as mesmas fontes municipais, foi denunciado administrativamente, mentres que o vehículo que manexaba foi inmobilizado no lugar.

Durante a mesma noite, a Policía Local sinalou que foi necesario un dispositivo de Policía de Barrio na Avenida Benigno Rivera, sentido N-V, porque parte da calzada estaba afectada polo derrame dalgún tipo de líquido esvaradío. Os axentes, destacaron as mesmas fontes municipais, garantiron a seguridade viaria mentres duraron os labores de limpeza do pavimento por parte do servizo de Bombeiros de Lugo, porque, engaden, “o risco da situación aumentaba pola falta de visibilidade nese momento”.

ACCIDENTE

Por outra banda, durante a tarde deste mércores pasado a Unidade de Atestados foi enviada á Rolda Norte porque se produciu un accidente de tráfico. A Policía Local detallou que no sinistro estiveron implicados catro vehículos e resultaron catro persoas lesionadas, en principio sen gravidade, precisou.

+ posts

ÚLTIMAS

FAPACEL denuncia a “desatención” do alumnado con necesidades especiais pola falta de coidadores

A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros Educativos de Lugo (FAPACEL)...

Produtiva reunión entre Xunta e Deputación de Lugo: “Saio con sensación moi positiva”, di a presidenta

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, mantivo este mércores pola tarde unha...

O SLG denuncia o peche de 1.500 granxas de leite en catro anos

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrará este venres, 27 de marzo, o seu...

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para...