InicioSucesosDetido un mozo con 12 detencións previas por dar unha malleira a...

Detido un mozo con 12 detencións previas por dar unha malleira a outro en Lugo

A vítima precisou ser intervido no HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un mozo veciño do municipio lucense do Corgo de 25 anos por un delito de lesións graves por agredir a outro mozo nunha zona de lecer da capital luguesa na véspera de Reis.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos, que foron denunciados nas dependencias da Policía Nacional o pasado día de Reis, ocorreron na madrugada anterior na rúa Catedral e a Placiña da Universidade.

A Policía relata que o denunciante se atopaba no lugar falando cunha moza cando “foi abordado por cinco homes e unha muller”, os cales comezaron a golpealo e tirárono ao chan. Xa no chan o agora detido, engaden as mesmas fontes, “propinoulle varias patadas as cales causarían as graves lesións que padece no rostro e a cabeza“.

“Grazas á intervención dun amigo seu que o acompañaba, que se decatou do sucedido, xa que se atopaba lonxe do lugar, acudiu na súa axuda de inmediato, puido saír o agredido da zona e dirixirse cara á porta de Santiago”, destaca a Policía Nacional. O amigo retivo aos agresores pero, ante a presenza dunha patrulla da Policía Local que se personó no lugar, fuxiron de inmediato da zona.

PUNTOS DE SUTURA

Ante a “gravidade das lesións que presentaba” o agredido, destaca a Policía Nacional, foi trasladado de inmediato ao Hospital Universitario Lucus Agusti (HULA). Tiña unha brecha que necesitou de varios puntos de sutura na cabeza.

Ao home arrestado, concreta a Policía Nacional, cónstanlle máis de 12 detencións das forzas e corpos de seguridade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...