InicioSucesosDenunciadas cinco persoas por incumprir o toque de queda en Lugo

Denunciadas cinco persoas por incumprir o toque de queda en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou cinco actas denuncia entre a noite do 4 e 5 de maio a persoas que incumpriron o toque de queda establecido pola pandemia da Covid-19 entre as 23,00 e as 6,00 horas.

Segundo informou a Policía Local, na noite do 4 ao 5 de maio efectivos do Grupo Operativo Nocturno estableceron dispositivos para controlar o cumprimento das normas para frear a Covid-19 no marco dos que realizaron cinco actas de denuncia contra a Lei de Saúde de Galicia por transitar entre as 23,00 e as 6,00 horas “sen causa xustificada”.

Así mesmo, ás 00,58 horas deste 5 de maio detectouse un vehículo que circulaba pola rúa Tino Grandío cuxo condutor obtivo positivo na proba de detección alcohólica de 0,57 mg/l.

Por iso abrir expediente sancionador de mil euros e a retirada de seis puntos do carné do permiso de conducir. Ademais, foi denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia por quebrantar o toque de queda.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...