InicioSucesosAxentes da Policía Científica de Madrid xa traballan no Ceao para esclarecer...

Axentes da Policía Científica de Madrid xa traballan no Ceao para esclarecer as causas do incendio

Os bombeiros de Lugo continúan con controis diarios para evitar que se reactive o lume.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Científica de Madrid xa traballan sobre o terreo no lugar onde se produciu o incendio do polígono industrial do Ceao, que levou por diante seis naves e cuxos danos superan os 15 millóns de euros, segundo as cifras que manexan os empresarios afectados.

Segundo fontes policiais, trátase de catro axentes da Brigada Xeral de Policía Científica de Madrid e dous guías caninos que se centrarán en buscar “o inicio” do lume, nun momento en que xa se comezou cos labores de limpeza de cascallos.

TRABALLO INCESANTE DOS BOMBEIROS

Entre tanto, os bombeiros de Lugo seguen con controis diarios para evitar que se volva a reactivar o incendio. Segundo fontes do parque móbil, o corpo de bombeiros realizou 216 horas de traballo “desde que chegou a primeira dotación, na madrugada do 11 de abril” e ata que se deu por extinguido na súa totalidade, semana e media despois. Estiman que para a extinción do lume utilizáronse “1,5 millóns de litros de axente extintor, empregando para iso auga, auga con humectante e espuma”.

Estas mesmas fontes sinalan que o retén dos bombeiros mantívose ata as nove da mañá do 21 de abril, “coa finalidade de controlar fumes residuais”. No entanto, o servizo “fai inspeccións periódicas ao longo do día para garantir que non hai cambios no escenario”.

ÚLTIMAS

O ferido dun tiro en Lugo acaba detido por tenencia de armas e confírmase que se disparou a si mesmo por accidente

O home que resultou ferido o pasado fin de semana no Barrio de Feijoo...

A Xunta adxudica melloras na LU-113 e LU-530 por máis de 3,2 millóns de euros

A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por máis de 3.240.000 euros...

Un home resulta ferido por disparo no barrio de Feijoo

Un home resultou ferido por arma de fogo na noite deste venres no barrio...

O PP denuncia que Puente “dá por descartadas” as variantes e a lanzadeira ferroviaria entre Lugo e Ourense

O PP de Lugo denunciou que o ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, dá...