InicioSociedadeQueda en liberdade á espera de xuízo tras estafar xa por segunda...

Queda en liberdade á espera de xuízo tras estafar xa por segunda vez a través de vendas en Internet

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos realizados a través das redes informáticas, detiveron de novo por estafa a unha muller, nacida en Carballo pero con domicilio na capital luguesa, por cobrar dúas veces artigos en liña co engano de que non recibira a transferencia.

Segundo informou a Policía Nacional, á autora impútanselle nesta ocasión dous delitos de estafa, por un valor superior a 2.000 euros, e que foron cometidos tras ofrecer “diferentes artigos electrónicos en varios portais de venda en liña”.

O modus operandi, en ambas as ocasións, destacou a Policía, consistía en “ofrecer un artigo a un bo prezo” e o comprador ponse en contacto coa persoa que o vende na páxina correspondente.

“Nesta primeira conversación realizan os trámites coma se fose un home, e derivan ao comprador a seguir co negocio a través de whatsapp, nun momento dado, o home di que se ten que ir traballar, e que continua coa transacción a súa moza”, relata a Policía.

“De novo e por whatsapp, seguen establecendo as condicións de venda, enviando incluso unha fotografía do artigo, ou o seu envoltorio, xunto á vendedora, tamén foto do Documento Nacional de Identidade”, engaden as mesmas fontes policiais.

Unha vez pechado o prezo, a estafadora pídelle o ingreso nunha conta bancaria, e indícalle que o envío se realizará a través dunha empresa de mensaxería.

COBRABA O DOBRE

Despois a estafadora ponse en contacto co cliente, a quen lle recrimina que non recibiu a transferencia, cando esta si está feita, e pídelle que o faga cunha plataforma virtual. Desta maneira recibe o dobre de diñeiro do que se trataba a venda.

Como o comprador non obtén a mercadoría, ponse en contacto coa estafadora a cal lle indica o nome da empresa de mensaxería, coa que se pon en contacto o comprador e xa aquí lle indican que o estafaron, ao ser esta muller xa coñecida.

Desta forma ponse o caso en coñecemento da Policía Nacional, un dos casos de Valencia e o outro de Cartaxena. Iso levou á detención desta muller. Do actuado foi informado o xulgado correspondente. A arrestada, que coa detención actual suma seis estafas, sinalou a Policía Nacional, quedou en liberdade á espera de xuízo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...