Continúan os traballos de extinción do incendio: “Segue saíndo fume”

O operativo céntrase na zona afectada, que permanece acordoada. O resto do polígono traballa con normalidade.

Un bombeiro traballa na extinción do incendio no Ceao | Carlos Castro - Europa Press

Os medios continúan traballando na extinción do voraz incendio que o domingo se declarou no Ceao, en Lugo, e que se saldou con seis naves calcinadas, onde arderon materiais como pneumáticos e pinturas.

O operativo, segundo informou a Europa Press o dono de Recambios Fraín, Francisco Dorado, concéntrase na zona afectada, que está acordoada, mentres o resto do polígono traballa con normalidade. “Desde a miña oficina vese que segue saíndo fume”, apuntou, antes de resaltar que na tarde do luns aínda había lume na zona afectada.

A choiva que xa cae este martes en boa parte da comunidade “chega tarde” a Lugo, segundo indica Dorado, quen lamenta tamén as condicións meteorolóxicas que coincidiron na xornada na que comezaron as chamas, cun forte vento e sol.  Así as cousas, constata que, debido ao material que contiñan as naves, aínda queda tempo ata que o dispositivo contra incendios poida dalo por extinguido.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here