InicioSucesosLocalizada en Madrid unha muller que levaba oito anos desaparecida tras unha...

Localizada en Madrid unha muller que levaba oito anos desaparecida tras unha denuncia en Lugo

Levaban oito anos sen ter contacto coa sexaxenaria, pero "sabían que estaba ben a través de terceiras persoas". A alarma saltou cando se cortou esta canle de información e deixaron de ter noticias dela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas, localizaron a unha muller de 67 anos que levaba desaparecida oito anos.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos foron denunciados na Comisaría de Lugo por parte dos seus familiares, quen manifestaron que levaban oito anos sen ter contacto con esta muller, pero que, dalgunha maneira, “sabían que estaba en bo estado de saúde a través de terceiras persoas”. Con todo, saltou a alarma cando perderon o contacto total coa mesma as persoas que os informaban.

Tras permanecer nesta situación case un mes, indicou a Policía Nacional, os famliares presentáronse en dependencias policiais para informar os feitos. Daquela, os funcionarios encargados deste tipo de localizacións, que xa en datas pasadas localizaron a unha muller perdida nas montañas asturianas, conseguiron localizala nuns días en Madrid e comprobar que “se atopa ben e que se porá en contacto cos familiares”, aseguraron as mesmas fontes. Ao mesmo tempo, foron comunicados estes feitos aos familiares que presentaron a denuncia por desaparición.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...